Charla «Do corazón da materia ao interior das estrelas» – Ciclo «Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo»

“Do corazón da materia ao interior das estrelas”, cuarta charla do ciclo “Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo”

Ás veces, atopar a orixe das cousas máis pequenas nas que se pode pensar require descubrir como nacen e morren as estrelas. E os mecanismos que inventamos no laboratorio para entender os misterios dos núcleos atómicos serven para diagnosticar e curar enfermidades. O xoves 28 de maio ás 16:00 (hora de Madrid), o profesor do IGFAE, Héctor Alvarez Pol, fará, na cuarta sesión do ciclo Universo Peregrino, unha breve revisión do mundo subatómico, lembrándonos que todos somos po de estrelas.

“Universo peregrino: ciencia galega cara o mundo” é un ciclo de charlas divulgativas online organizado polo Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) para a comunidade galegofalante internacional. En momentos de illamento no que os peregrinos non poden vir a Santiago, a cidade Xacobea é a que reconstrúe as pontes e emprende a peregrinaxe cara ao mundo. Todos os xoves de maio e xuño de 2020, ás 16:00 (hora de Madrid), o persoal investigador do IGFAE dará unha charla sobre distintos temas de física que poden seguirse online na plataforma Microsoft Teams.

Podes seguila en directo facendo click aquí, ou acceder despois a través da canle de YouTube do IGFAE.

Información del evento

Tipo de evento

Charla / Conferencia

Hora

4:00 pm

Fecha

28 May 2020

Dirección

Instituto Geológico y Minero de Españ
Instituto Geológico y Minero de Españ, Calle Ríos Rosas,23, Madrid, Madrid, 28006, España

Evento Ciencia no es responsable ni está adscrita a la organización del evento.
Para más información, contacta con la entidad organizadora.

Deja un comentario